Eventos

I Carreira Popular Ruta do Viño Rías Baixas

Volver

24/07/2016 de 10:00 a 13:00

Campo da Feira Meaño (Pontevedra)

O prazo de inscrición finaliza o xoves 21 de xullo ás 23.59 horas

Dentro das súas actividades do 20 aniversario, a Ruta do Viño Rías Baixas organiza a súa 1º Carreira Popular. Esta proba desenvolverase o vindeiro domingo 24 de xullo e discorrerá polo municipio de Meaño. Ás 10.00 horas dará comezo a proba absoluta, mentres que as categorías infantís iniciaranse a partir das 11.00 horas.

Unha das singularidades coas que conta a 1ª Carreira Popular Ruta do Viño Rías Baixas é que o percorrido, de 8 quilómetros de distancia, discorrerá entre catro adegas socias da entidade e viñedos localizados no municipio de Meaño. Co Campo da Feira deste concello como punto de partida, os corredores iniciarán a proba desprazándose ata a Adega Paco & Lola, onde despois virarán para pasar por diante da Adega Valdamor. A continuación, os participantes dirixiranse cara a Adegas Pablo Padín, desde onde se desprazarán ata Adegas Attis para continuar o percorrido entre viñas e finalizar, novamente, no Campo da Feira.

Para os menores de idade estableceuse un circuíto pechado de 900 metros que discorrerá pola rúa Campo da Feira, as Aldeas de Covas e Canle e a rúa Desiderio Dóvalo. Dentro desta sección, establécense catro categorías competitivas:

  • Categoría A: Inclúe a mozos que cumpran entre 15 e 18 anos en 2016 e establécese un percorrido de 2.700 metros (tres voltas ao circuíto, sempre no sentido das agullas do reloxo).
  • Categoría B: Entre 12 e 14 anos, cun circuíto de 1.800 metros (dúas voltas)
  • Categoría C: De 9 a 11 anos, tamén cun percorrido de 1.800 metros.
  • Categoría D: nenos e nenas de entre 6 e 8 anos, que completarán unha única volta ao circuíto de 900 metros.

Ademais, establécese unha categoría especial non competitiva denominada Chupetines e que se dirixe aos nenos que cumpren cinco anos ou menos en 2016. Todos os participantes desta sección levarán un agasallo especial. Os pais ou acompañantes poderán axudarlles durante o percorrido.

Inscricións

A 1ª Carreira Popular Ruta do Viño Rías Baixas establece dúas categorías: adultos e menores. No primeiro caso, a adquisición de dorsal custa 3 euros, mentres que no caso dos nenos é de carácter totalmente gratuíto. As inscricións deberanse formalizar a través da web www.carrerarutavinoriasbaixas.com, onde se remitirá aos participantes ao formulario correspondente na plataforma de www.carreraspopulares.com/ticketrun. Excepcionalmente, pódense realizar inscricións nas oficinas da Ruta do Viño Rías Baixas no Pazo do Torrado de Cambados-. O prazo de inscrición finaliza o xoves 21 de xullo ás 23.59 horas.

Cabe lembrar que o prezo do dorsal inclúe non só a adquisición dun dorsal cun chip persoal e intransferible, senón tamén as pólizas de responsabilidade civil e accidentes durante a celebración da proba. Así mesmo, durante a carreira estará dispoñible unha ambulancia medicalizada para atender calquera posible incidencia no transcurso da mesma.

"Con esta carrera queremos vincular o deporte e a cultura do viño, porque o enoturismo pode combinarse perfectamente cunha vida sana", indica a xerente desta asociación sen ánimo de lucro, Lorena Varela. Desde la Ruta do Viño Rías Baixas lembran que o número de prazas para participar nesta carrera es limitado, ya que el cupo para la categoría de adultos é de 300 persoas, mientras que para los menores se establece un límite de 150.

Tipo de evento: Carreira popular
Dirixido a: Cidadan