Novas

Xornada "Da prevención cardiovascular e o deporte aos programas de rehabilitación cardíaca"

Volver
Actualizado o: 23/05/2016 10:31

 Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela organiza o vindeiro mércores 25 de maio una xornada para o intercambio de experiencias e o debate sobre o papel da actividade física e o deporte sobre a saúde.

O Secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vai participar este mércores 25 de maio a partir das 16:00 horas, nunha xornada para o debate e o intercambio de experiencias entorno á promoción da actividade física como elemento esencial na promoción da saúde. Esta actividade que terá lugar na Aula 1 (Planta 0) do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago está organizada polo Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago que dirixe polo Doutor José Ramón González-Juanatey.

Preténdese con esta iniciativa, poñer en común "coñecemento, visións e retos de futuro" entre os diferentes ponentes -profesionais sanitarios e da actividade física e o deporte- e asistentes á xornada, co obxectivo de enriquecer as diferentes actuacións que se están desenvolvendo para a promoción da saúde a través da actividade física e o deporte e xerar novas iniciativas.

Documentos relacionados