Novas

STREET TENNIS, Ninguén sen tenis en Santiago

Volver
Actualizado o: 10/06/2016 12:04

Mañana sábado, na praza da Quintana, STREET TENNIS, ninguén sen tenis.

 A iniciativa Street Tennis, Ningúen sen  Tenis, promovida polas Fundacións Juan Carlos Ferrero e Deporte Joven-CSD, conxuntamente coa colaboración da Fundación USC Deportiva, chegará a Santiago o vindeiro sábado. Este evento, que será a primeira vez que se organice en Galicia, levarase a cabo ao aire libre na Praza da Quintana en horario de 17.00 a 20.00 horas. A actividade estará dirixida para todos os nenos entre 4 e 16 anos, e a súa participación será totalmente gratuíta.

O evento contará coa colocación de minipistas de tenis na Praza dá Quintana, de maneira que as persoas participantes irán rotando polas diferentes pistas. Ao final tamén haberá sorteo de agasallos entre todos os deportistas.

O evento terá tamén carácter solidario, xa que colabora coa a Federación Española de Fibrosis Quística, polo que se proporcionará información sobre esta enfermidade a todos os interesados.

Ligazóns relacionadas