Novas

Destinadas a profesionais da saúde, técnicos, responsables políticos.

I XORNADA A SAÚDE EN TODAS AS POLÍTICAS. O SEU DESENVOLVEMENTO NO ÁMBITO LOCAL

Volver
Actualizado o: 06/09/2016 10:12

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade,  da Secretaria Xeral para o Deporte, e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), organiza  a I Xornada A saúde en todas as políticas. O seu desenvolvemento no ámbito local”que se celebrará o vindeiro 4 de outubro en Santiago de Compostela.

A SAUDE EN TODAS AS POLITICAS. O SEU DESENVOLVEMENTO NO ÁMBITO LOCAL

O obxectivo desta  xornada é pór en valor as políticas e accións doutros sectores diferentes ao sanitario que teñen un impacto en saúde. O sector saúde non pode traballar de maneira illada senón que son necesarias abordaxes intersectoriais que coordinen as intervencións que poidan ter repercusión na saúde, o benestar e a calidade de vida. Neste senso, o ámbito municipal adquire unha importancia capital por seren o máis próximo á poboación e por ter os Gobernos Locais competencias en políticas con influencia directa na saúde da poboación (urbanismo, cultura, deportes, seguridade,...). Asemade a coordinación de servizos a nivel local produce sinerxías moi efectivas para gañar saúde.

 A xornada está dirixida ás persoas con responsabilidade política e técnicos das corporacións municipais, deputacións e administración autonómica que traballan en áreas con impacto na saúde (sanidade, medio ambiente, deporte, infraestruturas, transportes, servizos sociais, educación,...). Tamén estará aberta aos representantes dos Grupos Parlamentarios, así como aos membros da Comisión de Sanidade.

 

 A xornada celebrarase en Santiago de Compostela, na Escola Galega de Administración Publica (EGAP). A participación na xornada será gratuíta e a súa admisión será por rigorosa orde de inscrición. A inscrición farase on-line na URL http://www.sergas.es/Saude-publica/Xornada-Saude-en-todas-as-politicas

 

Fonte de información: Galicia Saudable