Declaración

Declaración "Galicia Saudable"

Declaración
Presentación e sinatura da Declaración por parte do Presidente da Xunta
Declaración
Presentación e sinatura da Declaración por parte do Presidente da Xunta
Declaración
Presentación e sinatura da Declaración por parte do Presidente da Xunta
Galicia Saudable, un Plan de Galicia para todas as persoas…

O día 15 de maio de 2012 o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, presidiu a presentación e firma da Declaración de Galicia Saudable, texto que reflicte por escrito "os compromisos de todos para unha mellora nas condicións dos nosos mozos e dos nosos maiores". Quedou así certificada a adhesión de concellos, deputacións, universidades ou asociacións aos principios do plan, con desafío concreto: "conseguir que a maioría dos galegos realicen cada día polo menos 30 minutos de actividade física moderada, como recomenda a OMS".

Neste acto, celebrado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, estiveron presentes máis de 300 invitados, representantes do goberno e dos concellos galegos, administracións públicas, universidades, medios de comunicación, da empresa privada e do sector deportivo galego. Este acto supuso o despegue definitivo do Plan no territorio.

Actualizado o: 07/09/2015
Documentos relacionados