Folla de adhesión

Documento de adhesión á Declaración de Galicia Saudable

Folla de adhesión
Súmate a Galicia Saudable
Galicia saudable, un movemento para o cambio

Á Declaración pódense adherir os actores (calquera entidade, do tipo que sexa, concellos, deputacións, universidades, centros educativos, asociacións, clubs deportivos, federacións deportivas, empresas privadas, medios de comunicación, etc ),  que compartan a filosofía e visión do Plan, e queiran aportar, dende a súa realidade, o seu esforzo para contribuír a unha cidadanía máis activa e saudable.

Mediante esta sinatura da Adhesión á Declaración de Galicia Saudable, se forma parte da Rede de Actores do Plan, que a día de hoxe integra a mais de 500 entidades. Trátase de formalizar a adhesión ao Plan Galicia Saudable, a súa filosofía e estratexia, tomando conciencia do problema e de que todos somos parte da solución. Cada un desde o noso ámbito de intervención podemos e debemos influír para modificar o estilo de vida sedentario, transformándoo noutro activo e saudable. Tratase de xerar un movemento que é de Galicia e de toda a súa cidadanía.

A firma do documento de adhesión non compromete a nada mais que a cuestión filosófica de compartir un obxectivo común, pero é o o primeiro paso na xeración do movemento de Galicia Saudable,tendencia que queremos que sexa de todos e todas, porque só uníndonos conseguiremos ter impacto na poboación galega, tanto directamente como a través dos medios de comunicación.

Cantos máis sexamos, máis forza e recursos obteremos para conseguir os propósitos de Galicia Saudable, un Plan de Galicia para todas as Persoas.

Que pasos teño que dar para adherir a miña entidade a Galicia Saudable?

Descargar, firmar e selar o documento de adhesión, e envialo nun mail (secretaria-galiciasaudable@xunta.es ou fax 881 996 374 indicando unha dirección postal, para recibir, uns días despois do voso envío, o documento oficial de adhesión, que poderás exhibir nas vosas dependencias, como mostra da vosa participación en Galicia Saudable.

Se precisas de asesoramento o mais información podes chamar a Oficina Técnica do Plan (Fundación Deporte Galego), nos teléfonos: 881 996 373 / 372

Actualizado o: 07/09/2015
Documentos relacionados