Política de Accesibilidade
Este sitio web foi deseñado co obxectivo de que todas as persoas poidan navegar polos seus contidos sen atopar dificultades no acceso.
A política de accesibilidade aplicada neste sitio web está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.
Cumprimento dos estándares
As páxinas deste sitio web cumpren a marca AA segundo a Norma UNE 139803:2012 e as Directrices de Accesibilidade para a Contido Web 2.0 do (WCAG 2.0) pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C). Todos os requisitos do Nivel A e do Nivel AA foron comprobados e corrixidos mediante unha análise semi-automática da accesibilidade a través de diferentes ferramentas.
Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Google Chrome, Opera, Internet Explorer, Safari, etc.
Para a correcta visualización do portal gráfico cómpre poder executar Javascript.
Data da última revisión
A última revisión de accesibilidade deste portal foi realizada con data 14/12/2015.
Alcance
O alcance desta declaración de conformidade de accesibilidade é o de todas as páxinas do portal web que manteñan a mesma cabeceira e pé de páxina que a portada do portal.
Quedan excluídos aqueles complementos de terceiros como por exemplo: complementos de redes sociais, visores de mapas, ferramentas para compartir contido…
Atallos de teclado
Segundo o sistema operativo, os navegadores fan uso dunha combinación de teclas determinada para permitir o acceso aos atallos de teclado. Habitualmente, no sistema operativo Mac esta combinación é Ctrl + ⌥ Opt. No resto de sistemas operativos a combinación é Alt ou Alt + ⇧ Shift.
Este portal utiliza, xunto coa combinación de teclas do seu navegador, os seguintes atallos:
- 0: Inicio
- 1: Mapa do portal
- 2: Accesibilidade
- L: Lector de contidos Readspeaker
Contacto
Na procura de mellorar de xeito continuado a accesibilidade deste portal, convida a que a cidadanía notifique as dificultades coas que se puido atopar ademais de calquera outra suxestión sobre a accesibilidade que estime a través do servizo de atención e contacto dispoñible.