Novas
Crean en Xapón unha camiseta intelixente para mellorar a condición física
VolverO aparello obtén os datos da fibra conductiva da camiseta e envíaos de forma inálambrica a un teléfono intelixente. A peza ten adherido un sensor ultrafino e flexible que mide a postura, o ritmo cardíaco ou o número de calorías inxeridas e queimadas.
Dúas empresas nipoas desenvolveron unha camiseta interior intelixente capaz de comunicarse cun smartphone e brindar datos sobre a persoa que a viste para mellorar o rendemento e a condición física. A peza ten adherido un sensor ultrafino e flexible que mide a postura, o ritmo cardíaco ou o número de calorías inxeridas e queimadas, indicou un portavoz da empresa tecnolóxica NEC, unha das dúas compañías que fabricaron a peza xunto á téxtil Gunze.
O aparello obtén os datos da fibra conductiva da camiseta e envíaos de forma inalámbrica a un teléfono intelixente, onde o usuario pode comprobar e analizar a información cunha aplicación específica. O sensor retírase ao lavar a peza.