- Inicio
- Centros educativos
- Experiencias
- Plan Proxecta
- Proxecto Deportivo de centro (PDC)
Completísimo PDC o levado a cabo no CPI de Pontecarreira, incluíndo enquisas de hábitos de actividade física para avaliar o seu percorrido, e que no ano 2015 incorporou, dentro da súa programación, a valoración da condición física para a saúde a través da Plataforma DAFIS.
PDC do CEIP Doctor López Suárez de Friol (Lugo)
Premio ao mellor centro educativo na gala dos premios DEPORTE GALEGO no ano 2013. O Ceip Doctor Lopez Suarez de Friol é un dos centros de referencia dentro do ámbito educativo do Plan Galicia Saudable, participanto en todas as iniciativas e programas desenvolvidas no Plan, se sendo además o centro piloto de DAFIS.
PDC do C.P.I. de Progreso de Catoira (Pontevedra)
Proxecto integral do C.P.I. Progreso de Catoira, desenrolado ao amparo do Plan Proxecta, con participación en PDC, DAFIS, talleres de alimentación saudable, etc.
PDC do CPI de Pontecesures (Pontevedra)
Premio no ano 2014 na gala dos Premios Deporte Galego ao mellor centro educativo na categoría GALICIA SAUDABLE / CENTROS EDUCATIVOS, PDC do CPI de Pontecesures contempla unha ampla batería de actividades e medidas de promoción da actividade física, como recreos activos, concurso de mascota activa para o centro educativo, configuración dun mapa de recursos para unha vida activa e saudable, premios ALUMNO INTEGRAL, contacto cos clubs da zona para a organización de actividades, semanas blancas, etc.
- Comic 1 [Formato JPG]. 922 Kb
- Comic 2 [Formato JPG]. 975 Kb
- Foto CIP Pontecesures [Formato JPG]. 1 Mb
- Cuestionario para entidades [Formato DOC]. 60 Kb
PDC do CEIP Barrie de la Maza de Santa Comba (A Coruña)
O CEIP Barrie de la Maza leva participando dende o inicio no Proxecto Deportivo de Centro, a través do Plan Proxecta, incluíndo outras actividades/programas como DAFIS, MOVETE+, Xogade, e tendo iniciativas innovadoras como as “Votacións democráticas para a organización dos recreos activos”.
PDC do IES Xograr Afonso de Sarria (Lugo)
Se buscas como mesturar a música coa promoción da actividade física, o IES Xograr Afonso é a túa referencia, música, baile e actividade física configuran o seu PDC .
PDC do CPI de Ponte Carreira en Frades (A Coruña)
Completísimo PDC o levado a cabo no CPI de Pontecarreira, incluíndo enquisas de hábitos de actividade física para avaliar o seu percorrido, e que no ano 2015 incorporou, dentro da súa programación, a valoración da condición física para a saúde a través da Plataforma DAFIS.
PDC do IES de Melide (A Coruña)
No IES de Melide estamos a traballar de maneira interdisciplinar para que coides a túa saúde. Farás cálculos, mellorarás o teu “vocabulary”, suarás a camiseta… Pero sobre todo, terás moitos motivos para facer unha vida saudable.
Necesidade dun concepto amplo de saúde
A Promoción da saúde diríxese á mellora as competencias en saúde das persoas, pero tamén a mellorar o contorno e a sociedade na que vivimos.