Móvete +
Móvete+ é unha proposta para toda a comunidade do centro educativo. Trátase de promover a actividade física a través dunha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ao mesmo tempo sumar máis cantidade de exercicio físico para achegarnos ao que recomenda a Organización Mundial da Saúde.
A través dunha coreografía, música e letra orixinal, e a súa implantación nas clases de Educación Física, Música, nos tempos de lecer, nos cambios de clase, etc, Móvete+ busca difundir a necesidade de adquirir hábitos de vida activa orientada ao mantemento e mellora da saúde, e a prevención de enfermidades crónicas non transmisibles (ECNT).
Os centros educativos teñen a liberdade de seguir a coreografía no seu formato orixinal ou ben, partindo desta proposta, realizar unha adaptación da mesma (coreografía, música, vestiario, etc).
Na memoria final deberase entregar un vídeo ou unha ligazón a unha web, blog ou páxina similar coa coreografía traballada (ensaios, actividades, etc.) e o seu resultado final (flashmobe, lipdup, etc).

- Coreografía [Formato PDF]. 1 Mb
- Guía de proxectos de innovación educativa na actividade física a través do Plan Proxecta [Formato PDF]. 1 Mb
Cunha duración de 13 minutos, a coreografía de Móvete+ cumpre a cantidade mínima recomendada pola OMS (10 minutos) para acumular a nosa dose diaria de actividade física, cun mínimo de 60 minutos ao día para os nenos e nenas, 30 minutos ao día para os adultos e persoas maiores.
Incorpora movementos en todos os principais grupos musculares, incluído un quecemento e unha volta á calma. Recoméndase facer un quecemento previo de mobilidade articular así como unha táboa de estiradas ao rematar cada sesión da coreografía.

Guía de proxectos de innovación educativa na actividade física a través do Plan Proxecta
O Plan de Fomento de Actividade Física Galicia Saudable establece entre as súas prioridades, e fronte aos prexuízos derivados do sedentarismo, o incremento da actividade física en idade escolar, tanto no centro escolar (dentro e fóra do currículo) coma fóra del. Preténdese difundir entre a comunidade educativa a necesidade de levar unha vida activa e propiciar que os nenos e as nenas incrementen a súa carga de actividade física realizada no ámbito do centro educativo, experimentando novas formas e modelos para conseguir unha condición física máis saudable e adoptando uns hábitos de vida máis activos, que se prolonguen ata a vellez.
O traballo por proxectos de Innovación Educativa, a utilización das TICS para a realización destes e a realización de produtos visibles a través da rede (web, blog, redes sociais etc.) na área de Educación Física propician aos centros educativos unha experiencia motivadora e innovadora na tarefa de promoción de hábitos de vida activa e saudable, fomentando a creación de microrredes de promoción dun novo estilo de vida activo e saudable.