- Inicio
- Centros educativos
- Recursos para centros
- Plan Proxecta
Plan Proxecta
O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.
Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.
Galicia Saudable coordina, a través do Plan Proxecta, 5 programas distintos, un principal o Proxecto Deportivo de Centro, e 4 derivados deste, DAFIS, Mais e Mellor Actividade Física, Xogade e Móvete+.

- Guía de proxectos de innovación educativa na actividade física a través do Plan Proxecta [Formato PDF]. 1 Mb
O Plan de Fomento de Actividade Física Galicia Saudable establece entre as súas prioridades, e fronte aos prexuízos derivados do sedentarismo, o incremento da actividade física en idade escolar, tanto no centro escolar (dentro e fora do currículo) coma fóra del.
Preténdese difundir entre a comunidade educativa a necesidade de levar unha vida activa e propiciar que os nenos e nenas incrementen a súa carga de actividade física realizada no ámbito do centro educativo, experimentando novas formas e modelos para a conseguir unha condición física máis saudable e a adoptar uns hábitos de vida máis activos.
O centro escolar debe actuar como dinamizador e promotor de hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia (públicos e privados). O obxectivo final é que o 100% dos alumnos e alumnas reciban información e asesoramento de como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma no no- lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable, ase como incrementar, na súa estadía no centro, a práctica de actividade física, loitando contra o sedentarismo e creando hábitos que perduren fora do centro escolar e ao longo de toda a vida.
O PDC é o instrumento de planificación, desenvolvemento e avaliación dos programas de fomento da actividade física, exercicio físico e deporte para a saúde nos escolares galegos, sendo o primeiro paso para a constitución dunha Unidade de Promoción do Exercicio Físico Saudable (UPES) nos centros educativos.
O PDC terá un coordinador (deportivo) do centro que actuará como nexo de unión, coordinando e rentabilizando as actuacións que se poidan realizar entre os distintos axentes implicados (como poden ser entre outros):
- Secretaría Xeral para o Deporte.
- Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- Persoal docente do centro escolar e resto de persoal dos centros educativos (conserxería, limpeza, cociña, mantemento, etc).
- A.N.P.A. e comunidades educativas.
- Concello.
- Agrupación deportiva escolar.
- Servizos deportivos da localidade (públicos e privados).
Actualmente, o Proxecto Deportivo de Centro é un dos programas que Galicia Saudable leva a cabo a través do Plan Proxecta, de innovación educativa, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

- Presentación Proxecto Deportivo de Centro [Formato PDF]. 341 Kb
- O centro escolar promotor da actividade física e o deporte. Orientacións para a elaboración do proxecto deportivo de centro [Formato PDF]. 560 Kb
- Proxecto marco nacional da actividade física e o deporte en idade escolar [Formato PDF]. 1 Mb
- Guía de proxectos de innovación educativa na actividade física a través do Plan Proxecta (guía para o profesorado) [Formato PDF]. 1 Mb
Móvete +
Móvete+ é unha proposta para toda a comunidade do centro educativo. Trátase de promover a actividade física a través dunha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ao mesmo tempo sumar máis cantidade de exercicio físico para achegarnos ao que recomenda a Organización Mundial da Saúde.
A través dunha coreografía, música e letra orixinal, e a súa implantación nas clases de Educación Física, Música, nos tempos de lecer, nos cambios de clase, etc, Móvete+ busca difundir a necesidade de adquirir hábitos de vida activa orientada ao mantemento e mellora da saúde, e a prevención de enfermidades crónicas non transmisibles (ECNT).
Os centros educativos teñen a liberdade de seguir a coreografía no seu formato orixinal ou ben, partindo desta proposta, realizar unha adaptación da mesma (coreografía, música, vestiario, etc).
Na memoria final deberase entregar un vídeo ou unha ligazón a unha web, blog ou páxina similar coa coreografía traballada (ensaios, actividades, etc.) e o seu resultado final (flashmobe, lipdup, etc).
- Coreografía [Formato PDF]. 1 Mb
- Guía de proxectos de innovación educativa na actividade física a través do Plan Proxecta [Formato PDF]. 1 Mb
MMAF busca posibilitar unha accion transversal, compartida e común das materias de Ciencias Socias / Naturais e Educación Física, sen excluir a outras materias que poidan, a través das súas actividades curriculares, promover hábitos de vida activa e saudable a través do incremento de actividade física no día a día. Sempre que os/as profesores/as das materias estean dacordo, poderase compartir unha hora semanal da materia de Ciencias Sociais / Naturais adicándoa á realización dunha programación de actividades que, partindo dos curriculums educativos de ambas materias e respondendo ás necesidades e intereses das mesmas, se realicen a través de tarefas que conleven unha carga de actividade física.
A presencia dos responsables de ambas materias (profesor/a de Ciencias Socias / Naturais e profesor/a de Educación Física) é imprescindible para que a transversalidade da acción proposta obteña uns resultados satisfactorios.
- Guía de proxectos de innovación educativa na actividade física a través do Plan Proxecta [Formato PDF]. 1 Mb
O programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar) ten como finalidade que a actividade física chegue a ser un hábito diario na nosa poboación escolar, orientando a súa práctica non soamente cara o deporte competitivo, senón cara a unha actividade física, exercicio físico ou deporte orientado para a saúde, mantendo estes hábitos físico-deportivos saudables e de vida activa, adquiridos na idade escolar, ata a vellez.
Por iso é clave a súa práctica desde a infancia nos ámbitos educativo e familiar, fundamental para o futuro estilo de vida e a consolidación de hábitos físico-deportivos saudables.
As modalidades de Xogade incluídas dentro do Plan Proxecta son as correspondentes a "Actividade Deportiva" . A participación a través de proxectos de innovación educativa busca, coa escusa de participar na actividade deportiva de Xogade, que esta participación chegue ao alumno dunha forma diferente, fomentando o uso da novas tecnoloxía e facendo participe ao resto da comunidade educativa (centro, familias, concello, etc).
- Guía de proxectos de innovación educativa na actividade física a través do Plan Proxecta [Formato PDF]. 1 Mb
DAFIS
A Plataforma DAFIS (Datos de Actividade Física Saudable) é unha ferramenta elaborada, en colaboración co COLEF- Galicia, ao abeiro do PLAN GALICIA SAUDABLE promovido pola Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte, para facilitarlle aos profesionais do ámbito da actividade física e do deporte a valoración da condición física dos seus alumnos/as, deportistas e da cidadanía en xeral que participa de iniciativas vinculadas á práctica de actividade física e deporte.
A través do Plan Proxecta, DAFIS busca que a valoracion da condición fisica para a saúde se traballe no centro deportivo dun modo transversal, co apoio das novas tecnoloxias, e facendo máis participe ao alumnado no proceso da súa valoración, no análise dos resultados e na toma de decisións posteriores para mellorar o seu estado de condición física para a saúde
DAFIS cumpre cos seguintes obxectivos:
- Unificar as probas de condición física (saudable) para os diferentes grupos de idades que se realizan en Galicia a través das diferentes entidades (centros educativos, concellos, entidades privadas, etc).
- Dotar as diversas entidades que realizan en Galicia valoracións da condición física saudable dunha ferramenta útil e eficaz para a xestión dos datos obtidos, estatísticas, comparativas e informes personalizados dos diferentes individuos e colectivos cos que traballan.
- Formar os profesionais da Educación Física e o Deporte, así como outros profesionais das áreas da Saúde, na utilización e xestión da plataforma.
- Dotar a administración dunha ferramenta que permita, a nivel estatístico, obter informes completos do estado de saúde dos galegos e galegas en función dos seus parámetros de condición física saudable, para a posterior planificación de políticas de prevención e mellora da saúde a través do incremento do consumo diario de actividade física, exercicio físico e deporte.
- Presentación (galego) [Formato PDF]. 1 Mb
- Presentación (castelán) [Formato PDF]. 636 Kb
- Consentimento (galego) [Formato PDF]. 392 Kb
- Consentimento (castelán) [Formato PDF]. 394 Kb
- Exemplos de resultados [Formato PDF]. 1001 Kb
- Informe global do alumnado - histórico de probas [Formato PDF]. 148 Kb
- Informe global do alumnado - última proba [Formato PDF]. 141 Kb
- Informe global do centro educativo [Formato PDF]. 140 Kb
- Informe da clase (valoración da condición física saludable) [Formato PDF]. 388 Kb
- Manual [Formato PDF]. 1 Mb
- Protocolos de valoración da condición física saudable (6-18 anos) [Formato PDF]. 687 Kb
- Folla de rexistro - Valoración da condición física saudable (6-18 anos) [Formato PDF]. 119 Kb
- Folla de rexistro da valoración da condición física saudable (6-18 anos) [Formato PDF]. 41 Kb
- Guía de proxectos de innovación educativa na actividade física a través do Plan Proxecta [Formato PDF]. 1 Mb
Proxecto deportivo de centro